O día 16 de maio vai ter lugar no Centro Cultural da Guarda proxeccións de
curtametraxes galegas organizadas pola asociación cultural Morraceira e o
Concello da Guarda en colaboración coa Axencia Audiovisual Galega e o Filminho.
Esta actividade conta de dúas sesións, unha dedicada ao público infantil
(ás 18h00) e outra sesión dedicada aos adultos (ás 21h30). O propósito destas
proxeccións é dar a coñecer curtametraxes, un tipo de produción cinematográfica
que acostuman a non ter moita visibilidade.
O programa está composto polos seguintes filmes, no primeiro grupo o
engrosarán títulos como A meiga chuchona,
de Pablo Millán, Carne de Cañón, de
Darío Fernández, Cartoons de Giselle
Llanio e A flor máis grande do mundo
de Juan Pablo Echeverry. Na segunda sesión atoparemos a´Os señores do vento, de Xurxo González, Adeus Edrada?, de Rubén Riós, Meniña
de Daniel García, Premio, de Eva
Quintas Froufe, e Cousas do Kulechov
de Susana Rei.
A Morraceira, unha asociación cultural transfronteiriza, aproveitará este
acto para presentarse aos veciños da Guarda e para dar a coñecer o Filminho, a
festa do audiovisual galego e portugués que acontecerá en Vila Nova de Cerveira
e Goián do 15 ao 20 de xullo. Así mesmo, dita asociación tamén pretende
facerlle unha homenaxe a Chacurro e a José María (supervivintes d´Os señores do vento) pola súa labor
creativa na intervención artística do territorio (Land Art) que, ao longo do
último lustro, manteñen en funcionamento na zona da Katanga.
|